luns, 5 de decembro de 2022

Calendario de Adviento

Estes días comenzamos co noso calendario de Adviento 

Os primeros en pasar as probas foron Hugo, Vera e Irene. Como vedes foron quen de conseguir as súas chuches…




 
Hoxe tocoulle a  Lucas e Laura...



Seguimos con Vega, Adrián e Juan…




Chegou o turno de Malén,Carla e Álex…




Hoxe tocoulle a Valeria e Lara…



Rematamos con Lois e Martín que o fixeron moi ben... 


Visita familia 2

 Hoxe á nosa clase chegou unha mamá vestida de branco 


Viña cargadiña cunha bolsa chea de cousas que se utilizan nunha farmacia.
Rebuscou e rebuscou e ...


descubrimos unha morea de obxectos que non coñeciamos (termómetro de mercurio, as inxeccións que se utilizaban antes...)


Estivemos moi atentos e atentas as súas explicacións



ademais tróuxonos pegatinas para tod@s!



Mil grazas Laura por achegarnos ao mundo da farmacia!


Aquí podedes ver un pequeno vídeo da visita de Laura...


martes, 29 de novembro de 2022

Visita familia 1

 Hoxe apareceu un buzo na nosa clase...


Queredes saber máis?? Dádelle ao play...


Esta foi a cara de Lucas cando descubriu que o buzo era... o seu pai!!!


Contounos cousas do seu traballo, que material utiliza, que atopa no mar...



Tivemos moitísima sorte porque coas algas que colleu no mar, fíxonos unhas croquetas boísimas.


Mil grazas Daniel por visitarnos e contarnos cousas tan interesantes.  Aprendemos moitísimo...


Quen será o/a seguinte?...

venres, 25 de novembro de 2022

DÍA CONTRA A VIOLENCIA

 Hoxe é 25 N. Un día en que os nenos/as do cole queremos reivindicar que non queremos mais pelexas. 

Fixemos un acto moi bonito no pavillón do cole no que todos xuntos e xuntas berramos ben alto que BASTA XA!!!









martes, 22 de novembro de 2022

DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano, polo día da Violencia de Xénero, o equipo de actividades complementarias proponnos aprender esta canción de Huecco que se chama "Se acabaron las lágrimas".


Ademais durante esta semana imos traballar dous contos que nos axudarán a entender aos mais pequenos e pequenas que todos e todas somos persoas libres.

ROSA CARAMELO


ARTUR E CLEMENTINA


luns, 21 de novembro de 2022

Visita ao teatro


 Hoxe fomos a Pontevedra ao teatro Abanca para ver a obra " La aventura de aburrirse".

Encantounos todo, a viaxe no bus, as personaxes da historia, a música e as cores da escenografía.

O tempo tamén aguantou e non nos mollamos. Foi perfecto!









Letra R

 Se queres practicar coa letra R, preme nas imaxes...

XOGO 1


XOGO 2


sábado, 19 de novembro de 2022

venres, 11 de novembro de 2022

Magosto

 Como nos gustou participar no Magosto e nos xogos populares que nos prepararon no patio! Desfrutamos moito tamén das castañas e dos boliños preñados 










FOI MOI GUAI!!!