Ola a todos e a todas!!! Benvidos ao blogue da nosa clase. Aquí recolleremos todas as actividades, imaxes e aprendizaxes do noso día a día porque desta beira da ponte ocorren cousas máxicas!!!
luns, 19 de abril de 2021
Os chistes para a ostra Maruxa
xoves, 15 de abril de 2021
Día do Libro
O 23 de abril é o Día día libro. Este ano gustaríanos facer un vídeo con todos os nenos e nenas do cole lendo as primeira liña do libro que máis lles guste.
Para iso debedes gravar un vídeo no que nos mostredes a portada, nos digades o nome do libro, o autor/a e leades a primeira liña.
Suxerimos que sexa en galego pero pode ser en calquera outra lingua ou idioma.
Podedes enviar os vosos vídeos a destabeiradaponte@gmail.com
Aquí tendes o resultado do vídeo de 3º. Pinchade na imaxe.
Grazas a todos e todas os que participastes.
NaturalézaT
martes, 13 de abril de 2021
O polbo Marcelino
Nova sorpresa ao chegar!!! Marcelino visitounos e púxonos uns retos moi difíciles.
Por un lado, temos que atopar 3 das máis de 300 especies de polbos coa sua imaxe e por outro gravar un chiste para facer rir a Maruxa, a ostra máis aburrida do mundo (temos que estar moi divertidos/as).
Lembrade subir o chiste á aula virtual antes deste venres 16 de abril (último día) para que a profe poida montar o vídeo na fin de semana.
Ánimo polbiños!
xoves, 8 de abril de 2021
O caracol Mariano
Voltamos das vacacións e aquí estaba esperándonos o novo membro da familia dos invertebrados: O caracol Mariano.
Levamos traballo para investigar sobre os moluscos e prometeunos unha sorpresa...
mércores, 7 de abril de 2021
Día da Saúde
Hoxe 7 de abril é o Día Internacional da Saúde. En 3º fixemos un vídeo moi chulo para concienciar a todo o mundo do importante dos hábitos saudables. Esperamos que vos guste...
venres, 26 de marzo de 2021
O ourizo Maremoto
Para rematar o trimestre. a estrela Margarita presentounos a Maremoto, un ourizo de mar. Seguimos co mundo dos equinodermos e pídenos que investiguemos sobre as diferenzas entre estas dúas especies.
Á volta recolleremos as fichas de investigación e repartiremos os cromos.
Descansade moito e desfrutade das merecidas vacacións!
xoves, 25 de marzo de 2021
Presentamos aos invertebrados que imos coñecendo
Seguimos traballando cos invertebrados. Como sabedes, comezamos polos que non teñen protección corporal (anélidos, poríferos e medusas). Aquí vos deixamos algúns vídeos cos nosos descubrimentos.
xoves, 18 de marzo de 2021
Margarita e os carteis
Que sorpresa!! Hoxe coñecemos a Margarita, unha estrela de mar que nos falou de como facer un cartel. Pronto será o día da saúde e precisamos facer carteis para amosarlle ao resto do cole o importante desta conmemoración.
A saúde abarca moitísimas cousas. Na clase estivemos falando de varias e a cada un de nós tocounos traballar sobre unha concreta.
Aquí podedes ver o vídeo de Margarita, o tema que nos tocou a cada un de nós e outros carteis que vos poden valer como exemplo.
Lembrade facelo en galego e traelo antes do xoves 24 de marzo. Ánimo!!!
Anxo- Protección (xel, máscaras, distancia social)
Alejandra- Coidado da vista (fora pantallas)
J. Pierre e Elisa- Protección da pel polo sol.
Leire- Ocio (xogar)
Mario e Iago- Dieta equilibrada
Andrea e Iván- Reciclaxe
André e Leo- Hixiene
Luis e Sara -Relaxación
Fernán e Telma- Control postural
Lucía e Raúl- Vacinas
Rubén e Álvaro- Descanso
Quique e Silvia- Exercicio físico
luns, 15 de marzo de 2021
Coñecemos a Martiño, o verme
venres, 12 de marzo de 2021
Día do Consumo responsable- Deberes do finde
Semana da prensa
A semana do 8 ao 12 de marzo conmemoramos a semana da Prensa.
A biblioteca do cole fíxonos chegar unha morea de xornais e revistas que utilizamos na hora de lectura e que nos deu moito xogo para buscar grupos de palabras das que estamos traballando, ver as seccións dos xornais, atopar novas do medio ambiente...
Ademais vimos un vídeo que nos fixo reflexionar sobre...
Que pasaría no mundo se non houbese novas?
xoves, 11 de marzo de 2021
A división
Estes días comezamos a familiarizarnos coa división. Aprendemos que dividir é repartir en partes iguales. Coñecemos os termos da división e diferenciamos as divisións enteiras das exactas.
Aquí vos deixamos un vídeo para lembrar todo o que aprendemos...
mércores, 10 de marzo de 2021
Artrópodos
Grupo dos insectos
Grupo dos arácnidos
martes, 9 de marzo de 2021
Presentamos á esponxa Mariña
Hoxe ao chegar tiñamos un vídeo esperándonos.
Mariña, a esponxa, falounos un pouquichiño dos vermes de auga e mandounos buscar información sobre eles para completar a nosa ficha de investigación e responder á pregunta de por que os vermes de lume se chaman así.
luns, 8 de marzo de 2021
Día da muller
mércores, 3 de marzo de 2021
Coñecemos a Marabilla
Esta semana coñecemos a unha nova amiga de Marcial que nos animou a investigar sobre as esponxas mariñas. Na fin de semana teremos que facer carteis con imaxes e debuxos de esponxas de mar buscando algo de información para concienciar ao resto do cole do importantes que son.
Ademáis hoxe chegou unha carta de Marcial pedíndonos colaboración para buscar unha mascota fantástica do mundo mariño que sexa a representante dos Camiños Escolares.
A cousa promete...
CURIOSIDADES DAS MEDUSAS
luns, 1 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller
Este ano o alumnado de 4º quere facer un vídeo chamado "desmontando mitos" polo Día da Muller o 8 de marzo. Desta maneira intentan concienciar da necesidade de seguir loitando pola igualdade de xénero.
Para facelo precisan imaxes nas que aparezan mulleres realizando diferentes traballos baixo o lema "Eu son muller e podo...".
Se vos animades, facede a fotografía e enviádea ao correo destabeiradaponte@gmail.com antes do venres día 5 de marzo.
Repaso números romanos
Esta semana faremos unha proba sobre os números romanos. Se queredes repasar pinchade na imaxe.
mércores, 24 de febreiro de 2021
Xogamos ás palabras compostas
Aquí vos deixamos os ovos cos que xogamos hoxe na clase para formar palabras compostas. Lembrade que debemos escribilas xuntiñas na libreta de Lingua Castelá formando dúas columnas.



























