MEGA H2O pediunos que investigaramos curiosidades sobre a auga. As nosas investigacións en familia empezan a dar grandes resultados. Grazas!!!
Elisa experimentou na casa con colorante alimentario e sal. Ao principio, parecía amarelo, pouco a pouco saiu a cor mel e por último a cor laranxa.
Comprobamos que na auga con sal o perexil flotaba e que na auga sen sal, afundía
A André gustoulle moito o experimento de Elisa e probou a facelo pero quixo conxelalo para ver canto tardaba a auga en pasar de estado líquido a sólido.


Despois de metelo no conxelador do cole durante 1 día, comprobamos a cor laranxa do cubiño de xeo e experimentamos a textura e a temperatura do mesmo.

As mans quedaron un puco manchadas e frías pero pasámolo moi ben...
Despois colocamos o vaso co cubiño de xeo enriba do radiador para comprobar canto tardaría en voltar a estado líquido. Puxemos en marcha o cronómetro, 1 hora e 47 minutos mais tarde, a auga volvía ao seu estado natural...