Esta foi unha semana de moito traballo. Tivemos unha chea de actividades. Entre elas, o noso propio simulacro de emerxencias. Agora xa sabemos o que debemos facer e o que non, se ocorre algo no colexio. Recibimos a visita de Vero Boquete que vos contaremos mais tarde. Visitamos Radio Carcamán para facer o noso programa de Radio. Grabamos un conto moi chulo, e ademais, empezamos a obter resultados nas nosas investigacións na casa.


Alguén lembrou que para que a auga desaparecera tiña que ter calor e decidimos poñer o prato enriba do radiador...
Como vedes, a auga está desaparecendo. Parece maxia!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!