mércores, 8 de abril de 2020

PASATEMPOS 3 - TRABALLOS DIVERTIDOS

É o momento de debuxar e pintar. Comezaremos coa axuda das mans pero despois hai un montón de ideas moi chulas.
Segue as instrucións do seguinte vídeo e verás que ben quedan os debuxos. Podes enviarmos ao correo do blogue e así imos publicándoos para que os vexa o resto da clase.
Ánimo artistas!!
Pincha na imaxe se queres ver o vídeo



Fernán fixo un vídeo impresionante para amosarnos o seu traballo...


Elisa fixo esta momia de papel. Se moves a pestana de cartulina,  a momia levántase do sarcófago.




Iván creou unha guitarra con material de refugallo

Leo lembrouse da pinga de ánimo de fai uns días e deixounos unha mensaxe marabillosa para tod@s

Lucía decidiuse por un debuxo precioso dunha familia de elefantes...

ONDE ESTÁ?
Xa sabemos que vos gusta moito buscar e atopar cousas escondidas.

 Atopades nesta foto unha postal de nadal escondida entre tantas bolsas?


Atopades o ovo de pascua entre as flores?

Atopades agora a taza de chocolate entre os pingüíns?
Nesta imaxe hai un can moi ben escondido...

Podedes atopar un peixe entre o resto dos animais mariños?


Nesta ocasión, buscamos un corazón entre tanta caracola...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!