O 17 de Maio é o Día das Letras Galegas. Aínda que falta un pouco para o día, ocorreúsenos unha actividade para festexalo e encher as nosas casas e tamén a Revista Escolar, de palabras en galego.
Para iso, pedímosvos que fagades unha palabra decorada, frase ou debuxo relacionado co Día das letras Galegas ou con Ricardo Carvalho Calero que é o escritor ao que se lle adica este ano.
Despois facédevos unha foto (en horizontal) co traballo e mandádella á profe. Faremos un vídeo moi chulo con todas as que cheguen e aproveitaremos as imaxes para a Revista Carcamán deste ano.
As fotos teñen que enviarse como data límite o día 12 de maio.
Se queredes coñecer un pouco a historia de Ricardo Carvalho e divertirvos facendo pasatempos sobre o Día das Letras Galegas premede na imaxe.

O DIA DAS LETRAS, outro dos días especiais do ano, moito ánimo a tod@s e a participar. QUE CHULO!
ResponderEliminar