Hoxe tócalle o turno a táboa do 2.
Os que fixestes o cupón de saber contar de 2 en 2 , xa sabedes tamén esta táboa.
Escoitade esta canción un par de veces e xa veredes como non se vos esquece...
Agora imos debuxala cos debuxos que máis vos gusten na ficha de abaixo.
Non esquezades poñer o signo + cada vez.
Por exemplo:
2 X 1 = 2 ❤❤ (debuxamos 2 corazóns, 1 vez)
2 X 2 = 4 ❤️❤️ + ❤️❤️ (debuxamos 2 corazóns , 2 veces)
2 X 3 = 6 ❤️❤️ + ❤️❤️ + ❤️❤️ (debuxamos 2 corazóns , 3 veces)
FICHA 29 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!