xoves, 4 de novembro de 2021

Somos iguais, somos diferentes...

 Hoxe visitounos Alba Alonso. Gustounos moitísimo como falaba e o ben que explicou algo que nós xa sabemos pero que recoñecemos que está ben lembrar de cando en vez. 

A igualdade de dereitos tanto se somos nenos ou nenas e a igualdade de oportunidades para poder elexir o que mellor nos pareza a cada un/unha de nós.

Non queremos estar metidas na caixa rosa por ser nenas, nin na azul por ser nenos. Queremos xogar ao que nos guste e disfrazarnos do que nos apeteza, sen ofender a ninguén e sen que ninguén se ría de nós.

Alba pediu nenos valentes como voluntarios. Algúns da nosa clase non dubidaron en disfrazarse de princesas para demostrar que non pasa nada e que o importante é desfrutar e pasalo ben. 

Nas nosas mans está cambiar as cousas...



Grazas Alba por vir visitarnos!!

1 comentario:

  1. 👏👏👏 Moi ben recordar esas cousas que xa sabemos. Boa iniciativa pero sen que se entere Silvia, "non houbo tanta igualdade, solo se disfrazaron os rapaces."🤣
    Se queremos uns fillos mais xustos os pais e mestres temos que ser un exemplo.
    Mola a clase de este ano, a seguir así.

    ResponderEliminar

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!