As nosas investigación empezan a dar froitos. Hoxe a nosa aula volveu aparecer ciscada pero viñamos preparados e preparadas con lanternas e lupas para buscar pegadas.
Atopamos unha morea de pelotas tiradas polo chan e no medio, un calcetín de raias
Despois de darlle moitas voltas, démonos conta que o calcetín tiña unha letra escondida: a letra L.
Fomos á clase do lado para ver se sabían algo pero os de 3º non parecía saber o que estaba pasando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!