luns, 15 de xaneiro de 2024

Pistas piratas

Pasou a fin de semana e ao volver ao cole atopamos unha botella cunha carta dentro...


A carta confirmaba as nosas sospeitas. O que está detrás de todo o que pasa na nosa clase é....
UN PIRATA!!!
Díxonos que está encallado co seu barco nunha morea de plastiquiños brancos e quere que investiguemos como se chaman.

Ademais pretende que adiviñemos o seu nome dándonos únicamente dúas pistas.

PISTA 1
O nome do pirata é tamén o nome dun Con da Arousa e dunha praia.

PISTA 2
O nome está relacionado co que lles sae aos homes na cara.

Temos que investigar e apuntar na nosa axenda todo o que descubramos.

Ademais xogamos a un xogo de pistas para poder buscar o noso propio nome pirata...







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!