venres, 24 de maio de 2024

Actividades da semana

Esta semana tivemos unha chea de actividades. Primeiro acudimos a un pequeno recital de violín por parte de varias alumnas do cole entre as que estaba a nosa compañeira Vera.


 
Viñeron a visitarnos dende o IES A Basella de Vilanova para contarnos uns contos moi chulos.







Rematamos a semana marchando ao Auditorio a ver o musical sobre a autora das Letras Galegas deste ano. "O violino de Luísa". A música e os bailes gustáronnos moito.
Ademais agasalláronnos cun libro sobre esta obra e a autora asinóunolo persoalmente.




Aproveitamos que estabamos no auditorio para visitar a dorna que pintamos todos xuntos/as co profe Toño e ver a exposición de todas os debuxos de dornas que fixemos no cole. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!