sábado, 22 de xuño de 2024

ÚLTIMA MISIÓN DE BARBAFEITA

O noso pasaporte por fin está cheo de toda a información e con todos os retos do curso superados. 

Viaxamos por España, Rusia, México, Xapón, Italia, Brasil, Estados Unidos, Suiza, Holanda e Francia. Coñecemos a Picasso, Miró, Maruja Mallo, Kandinsky, Frida Kahlo, Yayoi Kusama, Arcimboldo, Romero Britto, Andy Warhol, Paul Klee, Mattise e Mondrian.

 Despois de coñecer diferentes países e pintores de parte do mundo, chega o final da travesía corsaria coa procura do tesouro do pirata Barbafeita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor deixa sempre o teu nome para que saibamos quen nos escribe. Moitas grazas!!