sábado, 6 de novembro de 2021

Xornada no viveiro

 A cofradía da Arousa cedeulle ao cole un viveiro para que os nenos e nenas poidamos  sementar. 

O venres quixemos coñecer onde era o lugar e como se facía a semente da ameixa. 

Moitísimas grazas por esta xornada fora da aula. Queremos repetir!













xoves, 4 de novembro de 2021

Somos iguais, somos diferentes...

 Hoxe visitounos Alba Alonso. Gustounos moitísimo como falaba e o ben que explicou algo que nós xa sabemos pero que recoñecemos que está ben lembrar de cando en vez. 

A igualdade de dereitos tanto se somos nenos ou nenas e a igualdade de oportunidades para poder elexir o que mellor nos pareza a cada un/unha de nós.

Non queremos estar metidas na caixa rosa por ser nenas, nin na azul por ser nenos. Queremos xogar ao que nos guste e disfrazarnos do que nos apeteza, sen ofender a ninguén e sen que ninguén se ría de nós.

Alba pediu nenos valentes como voluntarios. Algúns da nosa clase non dubidaron en disfrazarse de princesas para demostrar que non pasa nada e que o importante é desfrutar e pasalo ben. 

Nas nosas mans está cambiar as cousas...



Grazas Alba por vir visitarnos!!

luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN 21

 Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada do venres. Desfrutamos moito de vir disfrazados, decorar cabazas, merendar postres terroríficos e ver unha peli terrorífica. Pasastes moito medo?

AS NOSAS CABAZAS



















VELAQUÍ AS NOSAS MERENDAS ESPELUZNANTES












martes, 26 de outubro de 2021

xoves, 21 de outubro de 2021

APROXIMACIÓNS

 
APROXIMACIÓN ÁS DECENAS

APROXIMACIÓN ÁS CENTENAS


APROXIMACIÓN ÁS UNIDADES DE MILLAR

xoves, 14 de outubro de 2021

Regreso de Marcial

Que sorpresón ao chegar hoxe a escola. Tivemos novas de Marcial e propúxonos unha nova aventura espacial. 
Debemos facer o posible por axudar aos novos personaxes a regresar ao noso planeta.
Comezamos a aventura!!!!



 

martes, 12 de outubro de 2021

FUNCIÓNS VITAIS (nutrición, relación e reprodución)

Lembrade este vídeo que vimos na clase para repasar as funcións vitais.
 


NA FUNCION DE NUTRICIÓN ATOPAMOS 4 APARELLOS
APARELLO DIXESTIVO


APARELLO RESPIRATORIO


APARELLO CIRCULATORIO


APARELLO EXCRETOR


NA FUNCION DE RELACIÓN INTERVEÑEN...

O APARELLO LOCOMOTOR 



O SISTEMA NERVIOSO


OS SENTIDOS



NA FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN INTERVEÑEN O APARELLO REPRODUTOR MASCULINO E O APARELLO REPRODUTOR FEMININO