mércores, 20 de maio de 2020

martes, 19 de maio de 2020

TRABALLO CIENCIAS NATURAIS, EF E VALORES

Esta semana en Ciencias Naturais, o profe Toño fálavos do ecosistema da sabana africana.
 Lembrade mandarlle algún dos traballos realizados ao seu mail.
CIENCIAS NATURAIS

En E.F. hai que facer un entreno, facer o método de relaxación e  algún dos retos propostos se é que non os fixestes.

E. F. 

Os de Valores tedes que ver os vídeos 3  “¿Para qué sirven las emociones?”  e 4  “Marina y el baile de las emociones”.

Lembrade enviar a Toño un debuxo dalgún  dos vídeos.

VALORES

luns, 18 de maio de 2020

TRABALLO NA CASA 16- CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe imos descubrir máis cousas sobre o Sistema Solar. A aventura espacial continúa...
Preme na imaxe para ver este vídeo tan chulo e despois responde ás preguntas de abaixo.


FICHA 34

SNAPPET (Lingua Galega)

Esta semana traballaremos en Lingua Galega  con vocabulario sobre os antónimos e o calendario (21 exercicios)
Fixádevos ben porque as palabras que tedes que escribir son en galego.
Lembrade ir só a parte rosa que pon "Lecciones"
Preme na imaxe

Se dubidades como escribir en galego algunha palabra, premede na imaxe e buscade no traductor.


Problemas de aula 2

Aquí quedan os problemas que tiveron os  nen@s da nosa clase esta semana...
FICHA 35

FICHA 36

domingo, 17 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do colexio, dannos as grazas por participar na difícil tarefa de realizar unha revista escolar a distancia. Grazas de novo familias, pola vosa dedicación e implicación.
Excelente traballo!!!

Premede na imaxe...

venres, 15 de maio de 2020

Que traballos fixemos esta semana? 5

Aquí queda o traballo desta semana. Non vos agobiedes por  reenvialo. Un par de fotos a final de semana con algún traballo realizado é máis que suficiente.
O traballo do abecedario sí que ten que enviarse.
Grazas de novo!

LETRAS GALEGAS 2020 (fichas 32-33)

O domingo é o Día das Letras Galegas. 
Deixámosvos un conto do autor homenaxeado este ano,  Ricardo Carvaho Calero.
"As pitas baixo a choiva"
Esperamos que vos guste.

Agora responde a estas preguntas sobre o conto...

FICHA 32
FICHA 33


PASATEMPOS LINGUA GALEGA

Hoxe queremos que coñezades a estes amigos e podades xogar con eles.
PREMEDE NA IMAXE PARA XOGAR

xoves, 14 de maio de 2020

TRABALLO INGLÉS E MÚSICA

Esta semana a profe Olalla colgou actividades sobre os días e os meses e ademais proponvos grabar un vídeo en inglés para presentarvos.


  A proposta do profe Carlos está relacionada cos maios. Podedes debuxar ou facer un maio e buscar unha copla relacionada.


mércores, 13 de maio de 2020

Táboa do 2 (ficha 29)

Hoxe tócalle o turno a táboa do 2.
Os que fixestes o cupón de saber contar de 2 en 2 , xa sabedes tamén esta táboa.
Escoitade esta canción un par de veces e xa veredes como non se vos esquece...


Agora imos debuxala cos debuxos que máis vos gusten na ficha de abaixo.
Non esquezades poñer o signo + cada vez.
Por exemplo:

  2 X 1 = 2  ❤❤ (debuxamos 2 corazóns, 1 vez)
  2 X 2 = 4  ❤️❤️  +  ❤️❤️ (debuxamos 2 corazóns , 2 veces)
  2 X 3 = 6 ❤️❤️ +  ❤️❤️ + ❤️❤️  (debuxamos 2 corazóns , 3 veces)

FICHA 29

TRABALLO NA CASA 15- ANTÓNIMOS (fichas 30-31)

FICHA 30
FICHA 31

RETO MATEMÁTICO (21-25)

Aquí vos deixo os seguintes 5 retos matemáticos. Premede neles. Fixádevos nos datos e colocádeos correctamente. Facede a operación e darlle a enviar DEBAIXO DO PROBLEMA NA ESQUERDA





martes, 12 de maio de 2020

TRABALLO CIENCIAS NATURAIS, E.F. E VALORES IV - RELIXIÓN

Esta semana en Ciencias Naturais, o profe Toño fálavos do ecosistema do bosque atlántico.
 Lembrade mandarlle algún dos traballos realizados ao seu mail.

En E.F. hai que facer un entreno de superheroe/superheroína, construír un dado deportivo, facer o método de relaxación e  algún dos retos se é que non os fixestes.



Os de Valores tedes que ver os vídeos 1 "La pantera rosa y el mosquito"  e 2 "Resolver problemas y tomar decisiones" e facer un debuxo que debedes enviarlle a Toño ao seu mail.


Os de Relixión  tedes que ver o vídeo "Baixo unha seta" . facer un debuxo e enviarllo á profe Laura
lgferreiros@edu.xunta.es

luns, 11 de maio de 2020

ABECEDARIO ENERXÍA DA AUGA

Ola a tod@s. Esta semana propóñovos rematar unha tarefa que comezamos na aula e quedounos pendente.
"O pasapalabra da auga"
Xa fixeramos parte do abecedario pero para non liarnos, cada un encargarase dunha palabra. Parécevos?
Segue as seguintes instrucións:
1. Busca na lista a palabra que che tocou.
2. Faina con letras dobles como aprendemos na clase e decóraa moi chula. Perfílaa de negro.
3. Fai un debuxo precioso sobre a túa palabra. Perfílao de negro.
4. Escribe o que significa  a túa palabra con moi boa letra.

LEMBRA
Debes facelo en galego e en vertical. Mándalle unha foto á profe na que se vexa moi ben o traballo. Imos facer con todas as letras unha SORPRESA!!!

Aquí vos deixo algúns exemplos...














Se dubidas do significado da palabra que che tocou
podes premer na imaxe e escribila onde pon "insere un término"

SNAPPET 4

Esta semana en Snappet (Lingua Castelá ) repasaremos o uso da norma ortográfica c/z (16 exercicios)
Non esquezades que só tedes que ir o apartado rosa que pon LECCIONES.

Lembrade a canción
 za-zo-zu con z
ce-ci con c

PREMEDE NA IMAXE


Hai nen@s que teñen o traballo pendente nas outras materias.
Lembrade que se rematades, e queredes practicar máis, debaixo dos exercicios hai unha pestana que pon "seguir traballando no obxectivo" na que haberá  actividades cada vez máis complexas.

TRABALLO NA CASA 14- PROBLEMAS DE AULA 1 (fichas 27-28)

Esta semana comezamos a resolver problemas que están pasando na nosa clase.
Axudádesnos a resolvelos?
A semana que ven colgaremos máis. Ánimo!!!!

FICHA 27

FICHA 28




venres, 8 de maio de 2020

Que traballos fixemos esta semana? 4



PASATEMPOS LINGUA- PALABRAS CON BR- BL-

O PRIMEIRO E MÁIS IMPORTANTE É LEMBRAR QUE ...

AGORA PRACTICA COAS PALABRAS QUE LEVAN BR- OU BL-

SE QUERES XOGAR AO PASAPALABRA 
PREME NA IMAXE


SE QUERES XOGAR Á SOPA DE LETRAS 
PREME NA IMAXE


MEGARRETO 10

Ola amig@s!! Como estades?
Parecía moi lonxano, pero xa chegamos ao último megarreto. 10 semanas de desafíos. Parece mentira!!
Aquí vos deixamos o número 10.
 Se tedes algún pendente de facer, é o momento de poñerse ao día.
Moito ánimo!!!